Idioma Galego Idioma Español

QUEN SOMOS

Benvidos


Mijail MoriatovBenvidos á nosa páxina web. Ante todo esperamos que lles resulte interesante e útil visitar o noso espazo. Nesta páxina coñecerá os grupos musicais que representamos, a música que ofrecemos e os diferentes traballos que podemos realizar.

Levamos traballando dende o ano 1992, sobre todo en Galicia, dedicándonos ás actuacións musicais. Dende dito ano e ata agora realizamos máis de 4.000 actuacións en diferentes lugares de toda España entre todos os nosos conxuntos abarcando diversos eventos: concertos, inauguracións, congresos, reunións, vodas, festas, etc. Ningún ano baixamos de 100 actuacións e nos últimos estivemos preto de 200 representacións anuais tocando algunha vez prácticamente durante toda as semanas do ano.

Mijail MoriatovTemos 4 CDs gravados en Galicia con diferente tipo de música: clásica, romántica e moderna/popular. En total posuímos uns 500 temas musicais de toda as épocas para que os nosos clientes poidan elixir exactamente o que desexan. Coa nosa música actuamos ao longo destes anos en case todos os auditorios e teatros de Galicia así como en numerosos pazos a varios hoteis de 5 estrelas. En varias das nosas actuacións estiveron presentes persoas tan eminentes como varios Presidentes da Xunta de Galicia, diferentes presidentes de Deputacións provinciais galegas, numerosos alcaldes e outros cargos de máxima notoriedade.