Idioma Galego Idioma Español

BIOGRAFÍA

Músico

Mijail MoriatovÉ un dos violinistas de maior proxección e prestixo residentes actualmente en España. Naceu en Rusia e aos cinco anos empezou a súa carreira de violín, despois de estudar cos mestres máis ilustres e eminentes de San Petersburgo (Rusia). En 1986 superou as probas de acceso á Escola Superior do Conservatorio de San Petersburgo, que rematou coas máis altas calificacións en 1994. Porén, dous anos antes, en 1992 aprobou as oposicións para a Orquestra Sinfónica de Galicia con tan só 17 anos de idade, o que o convertiu no membro máis novo de dita formación. Dende esta data ata a actual reside e traballa en Galicia. Nos anos 1994-1996 foi profesor superior de violín no Conservatorio de Ferrol, así mesmo ao longo dos once anos que leva en Galicia desarrollou un importante labor docente por toda a Comunidade Autónoma Galega. É compoñente dende a súa creación (ano 1988) do Cuarteto Moriatov, un conxunto único en toda Europa, dado que está formado polos membros dunha soa familia. Con este grupo durante os 18 años da súa existencia realizou máis de 200 actuacións por toda Rusia e España.

Mijail MoriatovMijail Moriatov é ganador e finalista dos prestixiosos concursos internacionais de violín celebrados en España nos anos 1996 e 1997. En 1997 aproba as oposicións para a Orquestra Real Filarmonía de Galicia e vixentemente é un dos poucos músicos residentes en Galicia que lograron acceder por oposición ás dúas grandes orquestras galegas.

Mijail Moriatov é creador e director único da Orquestra Solistas de Galicia, así como doutros destacados conxuntos de música clásica como Lira, Cantábile, Noite na auga e Fantasía, entre outros, cos que realiza unhas 40 actuacións anuais por toda España. Así mesmo executou concertos como violín-solista por todo o país, realizou numerosas xiras e interveu en diferentes programas de televisión e radio. En 2001 saíu o seu primeiro disco compacto como violín solista que se titula Aire Fresco e consta de 16 temas populares de diferentes lugares do mundo e en 2006 sacou o seu segundo CD chamado Galicia no meu corazón con 18 temas galegos na súas propias versións, neste caso acompañado por tres músicos máis. Este CD xa foi presentado en máis de trinta localidades de toda Galicia.

Mijail Moriatov nestes momentos leva realizadas máis de 2.500 actuacións nos 17 anos que reside e traballa en Galicia.